Esta materia fornece formación de carácter teórico-práctico na descrición e uso instrumental da lingua portuguesa nas súas modalidades oral e escrita.
O alumnado debe adquirir competencias de usuario independente, encadrado no nivel avanzado (B2), de acordo co "Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas".
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas: lecturas, “obradoiro”, prácticas a través de TIC, proba mixta, presentación oral, traballos tutelados e resumo.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense todas as metodoloxías docentes e o seu peso na avaliación; porén, en dúas delas múdase o modo de realización.
Así, a proba oral e a proba mixta (antes presenciais) pasan a ser non presenciais; a primeira realizarase a través de Teams e a segunda por medio de Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías levaranse a cabo por Teams previa cita (que se concertará por e-mail como mínimo con un día de antelación).
4. Modificacións na avaliación
A proba obxectiva levarase a cabo de maneira asíncrona a través de Moodle no día e na hora marcadas no calendario académico para a súa realización.
O traballo tutelado entregarase por Moodle.
A proba oral consistirá nun vídeo en que se desenvolverá oralmente un tema prefixado e que se entregará por Moodle.
A discusión dirixida transformarase nunha actividade que se levará a cabo a través de Teams.
*Observacións de avaliación:
Para aprobar a materia é necesario obter como mínimo un 5 na proba obxectiva.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías