Fixar os coñecementos prácticos e teóricos gramaticais e léxicos adquiridos nos niveis anteriores.
Continuar e profundar no coñecemento da cultura, da literatura e da sociedade italianas.
Avanzar nos aspectos sintácticos da lingua italiana.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificación dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de as aulas se suspenderen, avisarase o alumnado das posíbeis mudanzas relativas ás metodoloxías docentes.
*Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de as aulas se suspenderen, avisarase o alumnado das posíbeis mudanzas relativas ás metodoloxías docentes.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías mantense no horario normal e realizaranse por correo electrónico ou por Teams, segundo as posibilidades do estudantado.
4. Modificacións na avaliación
-Sesión maxistral 5%. Asistencia e participación activa nas aulas. No caso de ter aulas por Teams, ou farase un control na plataforma ou, de non ser posíbel, asignarase o 5% a outra actividade.
-Actividades iniciáis 20%. Exercicios en formato word que se entregarán por correo electrónico. Non se aceptarán outros formatos.
-Proba mixta 35%. Exame escrito: enviarase o exame por Moodle o día marcado para a proba.
-Proba oral 20%. Exame oral: enviaranse unha serie de preguntas por Moodle ás cales se terán que responder cunha gravación.
-Presentación oral 20%. Presentación que se enviará por correo electrónico a través dunha gravación.
*Observacións de avaliación:
Os prazos de entrega das actividades e dos exames comunicaranse a través de Moodle con antecedencia suficiente tanto na primeira como na segunda oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías