Se introducen os métodos de estimación non paramétrica da función de distribución de probabilidade, da función de densidade de probabilidade e de modelos de regresión, con especial énfase nas técnicas de suavización tipo núcleo. Tamén se presentan os principais tests non paramétricos de bondade de axuste e de asociación en táboas de continxencia, e tests de localización baseados en rangos para unha, dúas e máis de dúas mostras.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se precisa modificación algunha dos contidos.
2. Metodoloxías: A metodoloxía docente exposta nesta guía docente utilizarase con independencia do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Empregarase o correo electrónico e o sistema de videoconferencia (Teams).
4. Modificacións na avaliación: Non é precisa modificación algunha, toda vez que tanto a avaluación continua como as probas escritas de coñecementos poderán levarse a cabo de xeito telemático.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías