A materia Redes Seguras ten como obxectivo principal que os estudantes aprendan a deseñar e implementar infraestruturas de rede capaces de proporciona-los servizos de seguridade precisos nun contorno corporativo moderno. Deberán coñecer as arquitecturas de seguridad de referencia e seren quen de configuralas en mantelas, utilizando para iso tecnoloxías como IDS/IPS e Firewalls entre outros. A materia esta concebida para que as prácticas de laboratorio, con equipos físicos e virtuáis teñan unha importancia capital no proceso de aprendizaxe
Plan de continxencia
Plan de continxencia A: confinamento total ou parcial de estudantes e/ou profesors
1. Modificacións nos contidos: non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral, impartida a través de videoconferencia
- Prácticas a través de las TIC, impártese mediante o uso de simuladores e/ou acceso remoto ao equipamento da aula.
- Proba obxectiva, a través de Faitic, Moodle ou outra ferramenta que proporcionen UVigo e/ou UDC.
- Proba práctica, mantense usando simuladores, acceso remoto e ferramentas de videoconferencia
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Moodle: sempre. Tódolos recursos docentes (diapositivas, enunciado da práctica, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle.
- Teams: semanalmente. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor.
- Correo electrónico: sempre. Para responder a calquera cuestión.
4. Modificacións na avaliación: ningunha
*Observacións de avaliación:
No caso de non poder realizarse presencialmente, levaranse a cabo:
- Proba obxectiva: a través de Faitic e Campus Remoto ou Teams
- Proba práctica: a través de simuladores e/ou mecanismos de acceso remoto.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha
Plan de continxencia B: número de estudantes excede o aforo da aula
1. Modificacións nos contidos: non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral, estableceranse dous grupos que asistirán presencialmente semanas alternas. Artellarase unha solución de videoconferencia (Campus Remoto ou Teams) para acceder ás sesións remotamente.
- Prácticas a través de las TIC, estableceranse dous grupos que asistirán presencialmente semanas alternas. Artellarase unha solución de acceso remoto ou simuladores para o grupo que non poida asistir presencialmente.
- Proba obxectiva, habilitarase un aula con aforo suficiente
- Proba práctica, estableceránse quendas para facer a proba.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Moodle: sempre. Tódolos recursos docentes (diapositivas, enunciado da práctica, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle.
- Teams: semanalmente. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor.
- Correo electrónico: sempre. Para responder a calquera cuestión.
4. Modificacións na avaliación: ningunha
*Observacións de avaliación:
No caso de non poder realizarse presencialmente, levaranse a cabo:
- Proba obxectiva, habilitarase un aula con aforo suficiente
- Proba práctica, estableceranse quendas para facer a proba.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías