A meirande parte dos sistemas informáticos actuais son sistemas embarcados nos que o deseño do hardware e do software son inseparables. Nestes sistemas, o conxunto é maior que a suma das partes e, do mesmo xeito, o proceso de deseño e comprobación non está restrinxido aos seus compoñentes hardware e software, senón que tamén inclúen a interface entre os dous. Esta materia aborda o mundo do codeseño centrándose en aspectos tales como: computación reconfigurable; modelado de sistemas; e procesadores de aplicación específica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modificará ningún contido.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes. En caso de confinamento ou peche do centro, adaptaranse ao formato on-line como xa ocorreu no curso 2019-20. Isto inclúe a proba obxectiva.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Empregaranse o correo electrónico, MS Teams e Moodle se non fose posible atender aos alumnos presencialmente.
4. Modificacións na avaliación
En caso de confinamento, a asistencia non computará na avaliación das prácticas da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías