Para o itinerario de Tecnoloxías da Información, no que esta materia é optativa, recoméndase cursala no segundo cuadrimestre simultaneamente á materia: "Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos (614G01113)". SOBRE A MODALIDADE DE DOCENCIA HÍBRIDA Debido á situación derivada do COVID-19 a docencia desta materia adoptou, excepcionalmente, unha modalidade que combina a non presencialidade cunha mínima presencialidade, segundo o acordado pola Facultade de Informática seguindo as recomendacións da UDC. Nesta modalidade, as probas obxectivas de avaliación serán presenciais, e as demais actividades docentes (docencia teórica, prácticas, traballos tutelados e titorías individuais) faranse preferentemente de xeito non presencial usando as ferramentas recomendadas pola UDC (Teams, Moodle, Stream, etc). |