REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia.
Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando o estudante por unha de estas ou as duas. Os resultados acadados nas demais partes da materia serán aqueles que
os estudantes obteron na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.
Alumnos matriculados a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin a avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba obxetiva.
En calquera caso, a data límite para a entrega das prácticas será a da proba mixta.
A proba mixta poderase dividir en dous partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.