Estudo de modelos de regresión paramétricos e non paramétricos. No contexto paramétrico, abordanse procedementos de inferencia, diagnose e predición para o modelo lineal simple, o modelo lineal múltiple e o modelo loxístico. A modelización non paramétrica comprenderá a regresión tipo kernel e por splines, ademáis dunha introdución aos modelos de regresión parcialmente lineais e os modelos aditivos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
A metodoloxía docente exposta nesta guía podese manter con independencia do grao de presencialidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Correo electrónico e uso de recursos telemáticos (Teams).
4. Modificacións na avaliación
O método de avaliación non precisa ningunha adaptación. No caso de que o exame non poida realizarse de forma presencial, realizarase virtualmente a través das ferramentas telemáticas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías