CRITERIOS XERAIS:
- A materia divídese en tres temas. A cualificación das diferentes probas valorará cada tema de xeito proporcional ao seguinte: O primeiro tema suporá o 10% da nota final, o segundo o 40% e o terceiro o 50%. Para superar a materia é preciso obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis.
- A avaliación continua realizarase mediante tres prácticas (unha ao final de cada tema) que os alumnos presenciais poderán realizar nas sesións de obradoiro e os non presenciais entregarán a través da plataforma Moodle.
- Os contidos das sesións maxistrais serán avaliados a través dunha proba obxectiva, tanto para os alumnos da modalidade presencial como da modalidade online. Para os alumnos da modalidade online dita proba realizarase a través de Moodle.
- A cualificación de Non presentado corresponde únicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.
Estará dispoñible, a través da plataforma Moodle, material complementario de cada tema, no que se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.