Sesión maxistral |
MODALIDADE PRESENCIAL: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
MODALIDADE ON LINE: Estudio dirixido a través de lecturas de textos e de material multimedia (clases grabadas, vídeos, presentacións power point) seguindo os contidos. |
Lecturas |
Mediante documentos bibliográficos (artígos, informes, etc.) relevantes para a temática dea materia se elaborarán síntesis de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Traballos tutelados |
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia. Os alumnos serán capaces de realizar un deseño básico dun centro de turismo de saúde, cuxa tipoloxía e segmento ao que se dirixe quedará á elección do alumnado. O traballo tutelado está deseñado para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor durante os días de impartición das clases maxistrais e nas datas e horarios establecidos de tutorías. Os traballos expoñeranse en clase nas datas fixadas tras finalizar as clases maxistrais.
MODALIDADE ON LINE: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso. Poderán expoñer o traballo, enviando unha presentación con voz ou nunha sesión de skype. |
Estudo de casos |
Os alumnos distribuídos en grupos realizarán un estudo dun caso de turismo en espazo litoral vinculado á talasoterapia. Describirase un caso concreto por parte do profesorado que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
MODALIDADE EN LIÑA: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso |
Presentación oral |
MODALIDADE PRESENCIAL: Os alumnos de modalidade presencial farán unha exposición oral do traballo tutelado
MODALIDADE ON LINE: Os alumnos de modalidade a distancia entregarán unha presentación power point con voz ou se presentará nunha sesión de Teams a elección do alumno. |