Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
Código
615525008
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
mar.rromero@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
León Medina, Francisco J.
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
f.leon@udc.es
mar.rromero@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia aborda a investigación cualitativa en ciencias sociais focalizándose na súa peculiaridade, abordando diferentes aproximacións metodolóxicas e as súas implicacións para a acción social, e amosando as diferentes técnicas cualitativas de recollida de datos e os procesos de análise do material empírico producido.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non procede
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Lección maxistral
– Discusión dirixida
– Traballos tutelados (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Lección maxistral (Teams)
– Discusión dirixida (Teams)
– Traballos tutelados (computa na avaliación) (Teams)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver a discusión dirixida, a través das que se pon en práctica contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade as primeiras clases da materia.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 8 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” durante o resto das clases. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): Valorarase:
A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
A profundidade do contido.
O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións nas que exista presencialidade ate o momento no que se suspenda a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100% traballo tutelado).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
Elaboración e presentación dos traballos individuais (100% traballo tutelado).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer as actividades de avaliación na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías