Todas as actividades, tarefas e traballos arealizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final.
As prácticas do obradoiro e as que se realicen a través de TICS desenvolveranse ao longo do cuadrimestre.
O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.
Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto as actividades do obradoiro e prácticas(60%) como o exame (40%) Para superalas é necesario obter comomínimo un 5 en cada una. Gardarase a parte aprobada para a segunda oportunidade.
Os materias utilizados nas sesións,presentacións, audiovisuais, lecturas eprácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital através da plataforma Moodle. As actividades e prácticas entregaranse enformato dixital a través da plataforma Moodle, sen necesidade de imprimilos.
Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ásrecomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención áDiversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE,proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.
Aqueles/as alumnos/as con dispensa ou que seacollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar coa profesora responsable da materia ao inicio de curso. O sistema de avaliación será o mesmo, só que as actividades ou prácticas a realizar na aula serán substituídas por outras ou adaptadas para a súa realización de maneira non presencial.