O principal obxetivo desta materia é proporcionar coñecemento relevante sobre os sistemas políticos contemporáneos, con especial énfase na súa recente historía e situación actual, desenvolvendo capacidades para o estudio comparado. Seguindo varios modelos de análise das diferentes dimensións dos rexímenes políticos (institucións, procesos políticos, cultura política, etc.) prestase especial atención aos rexímenes democráticos occidentais pero tamen. faise unha aproximación a realidade actual dos rexímenes políticos doutras rexións (America Latina, Africa etc.).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Proba obxectiva.
Traballos tutelados.
Estudo de casos.
Lecturas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral. Pasaría a Aula virtual con Teams
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico. Diariamente para consultas, propostas e suxerencias para encontros virtuais e para o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle. Diariamente. Sesiones de Chat. Foro de novas. Foros de actividade específica. Foro aberto para intercambio de información e debates.
- Teams.
A) Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade
B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”.
4. Modificacións na avaliación.
Serán as mesmas que figuran na guía docente agas as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións presenciais ate o momento da suspensión das mesmas. Non tera efecto o anterior para o alumnado con dedicación parcial e con dispensa académica de asistencia
*Observacións de avaliación:
Para o alumnado con dedicación completa mantense o plan de evaluación continua a través de Moodle e Teams. Para o alumnado a tempo parcial as probas e tareas poderán reemplazarse por probas on-line en Moodle.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (tareas, traballos tutelados e probas on-line).
Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
A 2ª oportunidade consistirá nunha proba on-line e as tareas e os traballos tutelados teranse en conta na nota final.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías