Guest lecture / keynote speech |
Estarán centradas na exposición teórica por parte do profesor da materia correspondente a cada Tema, utilizando para iso abundante material visual (presentacións en Power-Point). Estas exposicións darán conta dos aspectos máis relevantes que comprende o tema correspondente, pero non esgotarán o seu contido senón que deixarán para o alumno/á iniciativa de buscar, ordenar e sintetizar toda a información fornecida. Deste xeito o alumno/a pasará a ter un rol máis activo. Durante a exposición animarase ao alumnado a realizar preguntas e suscitar dúbidas sobre calquera cuestión que non se comprenda adecuadamente.
|
Directed discussion |
Nas clases de grupos reducidos (interactivos) se debatirán os textos obligatorios de cada tema. As preguntas que orientan o debate serán adelantadas polo profesor para o seu estudo individual ou en grupo. |
Supervised projects |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en contextos variados (académicos e profesionais). Preocúpase principalmente de aprender "como facer as cousas". É unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes de responsabilidade sobre a súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte do profesor-titor. |