Este curso consolida a aprendizaxe da Economía estudada no primeiro curso, permitindo que o/a alumno/a amplíe a súa formación a través do estudo dos principais modelos que explican o crecimento e o desenvolvemento económico a nivel teórico e empírico. Afondarase especialmente nas teorías mais actuais do desenvolvemento sostible.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As mesmas que na docencia presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
- Titorías por correo electrónico.
Co obxecto de levar a cabo unha debida
organización, procurarase que se fagan
coincidindo co horario programado para
as titorías presenciais.
- Moodle
Os temas, materiais, apuntamentos, etc.
que serviran para desenvolver a
aprendizaxe da materia serán de uso
híbrido, tanto para o ensino presencial
como de forma virtual.
- Teams
As sesións maxistrais levaranse a cabo
mediante esta ferramenta, procurando a
coincidencia co horario das clases
presenciais. Poderán programarse
sesións especiais para traballos
tutelados, discusións, etc.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas pautas que para a
avaliación presencial. Porén, a asistencia
(minimo permitido 80%) verificarase tanto nas sesións presenciais (até que as houbera) como nas virtuais.
Todo o sistema de avaliación levarase a cabo a través da plataforma Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías