Introducción aos fundamentos físicos e lóxicos dos medios audiovisuais, ás fontes de contidos e ao seu procesamento, aos diferentes formatos e estándares, e ás diferentes redes de distribución deste tipo de contidos.
Docencia non presencial:
- Sesións maxistrais
- Traballos tutelados
Docencia presencial:
- Prácticas
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión Maxistral.
- Proba obxetiva (computa na availación).
- Prácticas de laboratorio (computa na availación).
- Traballos tutelados (computa na availación).
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión Maxistral: Sesións virtuais a través da plataforma Teams na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario. As sesións poderán ser online ou pregrabadas.
- Prácticas de laboratorio: Sesións virtuais para explicar o contido da práctica a través da plataforma Teams na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario. As sesións poderán ser online ou pregrabadas. A realización da práctica, o precisar equipos e espazos da Universidade, non se poderá realizar, e por tanto cambiarase por un traballo no que o alumno demostre coñecer o proceso.
- A presentación do traballo tutelado quedará suspendida.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Para facer consultas, solicitar tutorías virtuais, e facer seguimento dos obradoiros.
- Teams: Para realizar tutorías virtuais.
4. Modificacións na avaliación
- Prácticas de laboratorio: Mantéñense os mesmos criterios que figuran na guía docente. A realización da práctica cambiarase por un traballo no que o alumno demostre coñecer o proceso.
- Proba obxetiva: O exame presencial se sustituirá por un exame tipo test online a través do campus virtual.
- Traballos tutelados: Mantéñense os mesmos criterios que figuran na guía docente.
*Observacións de avaliación:
- Cómputo de asistencia: Só se computarán as sesións realizadas até o momento no que se suspende a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías