Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Business
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects A3 A4 B2 B3 B4 B5 B6 B7 Os grupos de alumnos terán que desenvolver un traballo. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en grupo dos alumnos. Este traballo recibirá apoio por parte do docente tanto nas tutorias de grupo que se realizarán de forma presencial na aula, como na atención personalizada a través de Teams.
A nota da parte práctica mantense para a segunda oportunidade.
50
Oral presentation B6 B7 C2 C4 Cada grupo deberá expor o traballo práctico de maneira oral. Na exposición deberán participar todos os integrantes do grupo e os profesores poderán formular cantas preguntas aclaratorias estimen oportunas. A exposición apoiarase en presentacións audiovisuais e/ou en transparencias. Durante a presentación do traballo o alumnado non poderá ler ningún tipo de documento. Previamente á exposición, cada grupo enviará aos profesores, en formato pdf, tanto o traballo como a presentación e, no seu caso, os documentos anexos que se consideren. 20
Multiple-choice questions A6 A9 A10 A11 B1 B2 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación minima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.

No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 30%.


30
 
Assessment comments

*As sesións maxistrais requirirán da participación do alumnado de forma telemática. Dita participación terase en conta para a nota final. 

Condicións da realización da avaliación final:

Está
prohibido acceder á aula do examen con calquer dispositivo que permita a
comunicación có exterior e/ou almacenamento de información.

Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primerira oportunidade.

Convocatoria adiantada:

No
caso de que o alumno solicitase a convocatoria adiantada, éste será
avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde
as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple
establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A
ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.


Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumno, cando so
participe de actividades de avaluación que tiñan una ponderación
inferior a o 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxetiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: 

O estudante terá que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes