Proba mixta |
B1 B2 B17 B19 |
Esta proba está composta por dous apartados de preguntas:
A) Tipo test: Consistirá en 40 preguntas referentes aos contidos expostos ao longo das sesións maxistrais, tanto teóricos como prácticos. Haberá 2 opcións de resposta, sendo só una delas correcta. Por cada erro, anularase un acerto.
B) Tipo ensaio: Farase a formulación de 2 cuestións abertas que as/os alumnas/os deberán ser capaces de contestar, de maneira correcta, seguindo todos os requisitos que se expoñan no enunciado de cada unha delas. |
60 |
Aprendizaxe colaborativa |
A24 B2 B3 C4 C6 C7 |
Os alumnos, distribuídos en grupos de tres, realizarán unha serie de tarefas segundo as indicacións dadas pola profesora nas sesións teóricas, co fin de complementar cada un dos temas impartidos en clase.
O primeiro traballo agrupará os temas 1, 2 e 3. O segundo traballo incluirá os temas 4 e 5.
A presentación destes traballos farase a través da plataforma Moodle da Universidade e o seu prazo de presentación será dunha semana desde a súa data de proposta. Aqueles que non consigan o apto, ou non fosen enviados en tempo e forma (ficheiro Word ou PDF), poderán volver presentalos na seguinte oportunidade. |
20 |
* As/Os alumnas/os que, por motivos xustificados (competición de elite, accidente, lesión, enfermidade, matrícula parcial ou requirimento xudicial), non alcancen o 70% de participación nas prácticas poderán complementalo cun traballo teórico que levarán a cabo baixo a supervisión da profesora, nun prazo non superior a unha semana despois de terminar as prácticas da materia.
* Estes mesmos criterios manteranse para a oportunidade inmediatamente posterior. Aqueles que teñan que volver matricularse, e teñan superado algún dos bloques, respectaráselles a nota que sacasen no devandito bloque durante un máximo de dous cursos consecutivos. De non ser así, terá que cumprir cos requisitos da materia na súa totalidade.
|