Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes, documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, revistas, planos históricos e actuais, textos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación de estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa xérase a partir da combinación dunha serie de principios como: a articulación, o conflito e o traballo en común.
Baséase en chegar ao consenso a través da cooperación entre os membros do grupo. Outra premisa esencial desta aprendizaxe é a vontade de facer ou actividade directa de cada membro do grupo, o cal é fundamental porque a aprendizaxe colaborativa baséase na actividade de cada un dos membros. É, en primeira instancia, aprendizaxe activa que se desenvolve nunha colectividade non competitiva, na cal todos os membros do grupo colaboran na construción do coñecemento e contribúen á aprendizaxe de todos. |
Obradoiro |
Obradoiro de arquitectura: Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes nos que se introducen coñecementos de diversas materias, siempre ó redor dun proxecto arquitectónico, no cal pódense combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través das que o alumnado desenrola tarefas prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado das materias implicadas. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A sesión maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Portafolios do alumno |
O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.
Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final. |