Estudo das teorías arquitectónicas centradas no problema de "construir no construido". Detrás de toda obra artística existe un pensamento que a fai posible, polo que o estudo das teorías arquitectónicas que sustentaron os criterios e orientaron as accións da intervención no patrimonio construido, revélase como unha formación indispensable para abordar este vello problema arquitectónico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, no seu caso.
* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificacións de metodoloxías docentes
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As titorías serán convocadas en sesións, previamente anunciadas de Teams. As corrección e aclaracións en grupo teñen un valor pedagóxico maior que a atención individualizada, inda así, estas realizaranse mediante correo electrónico e conferencia por Teams.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación non será modificada.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Os recursos bibliográficos da asignatura están xa disponibles no Moodle. Aportacións específicas de materiais de consulta se facilitarán en soporte dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías