CRITERIOS DE AVALIACIÓN
O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posibles, de acordo co seguinte desglose (igual para a 1ª e 2ª oportunidade):
- Proba teórica de resposta múltiple: 2 puntos.
- Proba práctica obxectiva: 6 puntos.
- Nota de curso: traballos tutelados 0,5 puntos; probas mixtas 1,5 puntos.
a) Primeira oportunidade: para presentarse a esta convocatoria, o/a alumno/a debe cumplir as seguintes condicións:
-Ter asistido polo menos a un 80% do total das clases da asignatura.
-Ter obtido polo menos 1 punto (sobre 2) da nota de curso (traballos tutelados + probas mixtas).
b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, independentemente do seu porcentaxe de asistencia e independentemente de que alcanzara ou non a nota mínima de curso. Manténse o desglose de cualificación indicado.
Durante o desenrolo do cuestionario teórico non se permitirá material de ningún tipo, más aló dun bolígrafo. Para a realización da parte práctica usarase formulario, calculadora e material de escritura e debuxo. O examen é individual. O incumplimento deste requisito implicará a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móviles, smart watch, o calquera outro medio de almacenamento, fotografía, intercambio ou acceso á información están terminantemente prohibidos. Todos estes dispositivos deberán permanecer apagados e fora das mesas. A realización de fotografías do examen, durante a celebración do mesmo, suporá a expulsión.
A publicación das notas realizarase dentro dos plazos legalmente establecidos. No listado de notas figurará o día e a hora da revisión de exámenes, que se realizará dentro dos plazos fixados pola Normativa Académica de Evaluacións, Cualificacións e Reclamacións.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN
Os criterios de corrección adecúanse aos derivados da realidade profesional. Como criterio xeral, os errores conceptuais valoraranse en función de súa gravedade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Neste aspecto, sinálase que unha equivocación de signo significa un error do 200%.
CONDICIONS PARA O ALUMNADO CON MATRÍCULA NA MODALIDADE DE TEMPO PARCIAL
O alumnado matriculado na modalidade a tempo parcial (que así o demostre, previa presentación do resgardo de matrícula ou da resolución do centro de concesión de tal condición) poderá presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase e do mínimo da nota de curso. Nestes casos, o examen será o único elemento evaluable, puntuando de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos para superar a asignatura.
NOTA IMPORTANTE RELACIONADA COA INCIDENCIA DO COVID-19
Tanto a docencia como a evaluación da asignatura realizarase en modalidade presencial. No caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha ou todas as metodoloxías docentes e/ou de evaluación, éstas realizaranse de acordo co establecido no plan de continxencia.