A Historia da Arte en todos os estudos de Arquitectura, sempre foi un paréntesis e unha contribución complementaria ao exercicio de formación do proxecto do alumnado.
A historiografía da arte é unha ciencia multidisciplinar que busca un estudo obxectivo da arte, a través da historia, clasifica as culturas, establece periodoloxías e observa as súas características e influencias distintivas.
Con iso, buscamos coñecer os aspectos básicos que caracterizan os diferentes períodos e manifestacións artísticas e poder valorar, con máis precisión, as obras que aínda se conservan hoxe en día. Apreciar mellor o seu valor artístico e sociocultural, a influencia que tiveron nas etapas posteriores da historia e na nosa visión do mundo actual.
Plan de continxencia
Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia Covid 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso basado no soporte TIC proporcionado pola universidade.
l1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios. En caso de continxencia adoptaránse as medidas necesarias para garantir a calidade da ensinanza e a integridade dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral.
-Traballos tutelados.
-Presentación oral.
-Proba obxectiva.
-Atención personalizada.
Mantense o conxunto de metodoloxías empregadas, pasando a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha das metodoloxías descritas, estas realizaránse de acordo ó establecido no plan de continxencia. Non está prevista a modificación das metodoloxías docentes.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Utilizaránse as plataformas de atención personalizada postas a disposición pola universidade.
-Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos.
-Moodle: Diariamente. Disponse de un foro da materia para facer consultas.
Servirá para deixar o material das presentacións, entregando os traballos tanto individuais como grupais.
Poderanse descargar os power point dos temas.
-Teams. As tutorías realizaránse a través desta plataforma.
A temporalización será a establecida según o calendario e horario académico fixados polo centro ó inicio do curso.
4. Modificacións na avaliación
No caso da imposibilidade de levar a cabo a proba escrita de xeito presencial, esta verase sustituida por un exame que será realizado on line a través de Teams, consistente nunha proba tipo test, composta de 20 preguntas, para a que se dará un prazo de tempo de 10 minutos. Esta proba valorarase co 60%, quedando o 40% restante para os traballos.
Suprimiránse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Mantéñense os criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas poderánse prever solucións alternativas personalizadas.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. Lembrar que a proba da oportunidade de xullo estaría sometida ós mesmos criterios que a de xaneiro.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ademásis dos power point que se poden descargar a través de moodle, incluimos unhas referencias de bibliografía on line, que se pode obter a través da biblioteca da udc: https://ellibro-net.accedys.udc.es/lcbibliotecaudc titulos, seguido dos nº 37909, 111046, 49344, 39504, 94685, 106061, 34639, 48546, 36384, 36396, 36397, 36398 e 36400.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías