Nesta materia consolidarase a elaboración da metodoloxía proxectual individual de cada alumno, permitíndolle comprobar como o achegamento ao proxecto baixo unha perspectiva disciplinar permite abordar programas moi diversos en canto a escala e complexidade. Neste cuatrimestre reflexionarase sobre o papel do edificio con respecto á súa contorna, de tal xeito que se pondere a influencia do mesmo en condicións que van desde a intervención nun conxunto urbano consolidado e con interese patrimonial a un área en desenvolvemento na periferia urbana e sen elementos construídos que a caractericen.
Así mesmo, traballarase sobre o concepto do uso colectivo, os espazos comúns e de relación e as condicións de privacidade, as circulacións, os espazos de acceso e reunión, os aspectos de representatividade e imaxe, o carácter dos espazos exteriores, pavimentos, axardinamento, patios, iluminación das estancias, etc.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
- Non se realizarán cambios nos contidos
- No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida
– Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
- Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como a realización das probas obxectivas e o seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, de ser o caso.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Non están previstas modificacións de metodoloxías docentes.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Uso diario. Pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de información actualizada sobre as actividades da asignatura e os contenidos da docencia expositiva, así como de foros temáticos asociados aos módulos da materia.
– Teams: 2 sesións semanais en grupos reducidos para o seguimento do avance dos traballos tutelados, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola.
- 1 reunión mensual de coordinación da materia e co resto das asignaturas que configuran o Obradoiro, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo das diferentes materias.
- Titorías: programadas ao través da tarea específica de Moodle, as titorías adaptaranse as necesidades do alumnado, e realizaranse a través de reunións en Teams, tanto de xeito individual como en pequenos grupos de non mais de 6 alumnos, segundo as especificidades das consultas.
4. Modificacións na avaliación:
- Non se contemplan modificacións nos obxectivos nin nas metodoloxías de avaliación.
Observacións da avaliación:
- As probas obxectivas poderán realizarse de modo non presencial.
- Os alumnos estranxeiros en programas de intercambio poderán substituír a proba obxectiva por un traballo tutelado proposto polo profesor.
- Esixirase ao alumnado unha participación activa na docencia on- line, en similares condicións ás requiridas nesta Guía para a docencia presencial, para garantir a autoría e a supervisión dos traballos e poder superar a materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Os recursos bibliográficos da asignatura están disponibles no Moodle. Facilitaranse aportacións específicas de materiais de consulta en soporte dixital ao través da plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías