Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados nas materias implicadas no Taller.
2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%
3º Facer a proba obxectiva
Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:
1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva.
De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.
Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.
Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 6 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 6, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.
Aqueles alumnos que, superada a materia, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.