Os estudantes
que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases
interactivas e de grupo reducido, e a avaliación continua supón o 50% da nota,
e ao longo do cuatrimestre realizaranse probas parciais que lles permitan
acadar o restante 50% da nota.
Os
estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non superasen a
materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de acadar o
restante 50% da nota nun examen final de
toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non
eliminan materia.
Os estudantes
que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha Proba
Obxetiva que constituirá o 50% da avaliación, consistente nunha Proba
individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos e unha proba de
Solución de Problemas que constituirá o outro 50% da nota.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO
ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017),
e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, deberá
asistir ó 50% das clases interactivas e de grupo reducido, eximíndolle da
asistencia ás clases teóricas que poderán seguir por medio das gravacións. No
caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará
probas equivalentes.