Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
Asignaturas |
Simulación Náutica |
Recomendacións |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Simulación Náutica | Código | 631G01402 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | ||||||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
O traballo desta materia centrarase na realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos desenvolvidos naquelas materias de manobra e navegación de cursos anteriores. Deste xeito, a un alumno que non adquirise as competencias das materias que se recomenda cursar previamente resultaralle practicamente imposible realizar un seguimento proveitoso desta materia. Esta materia inclúe os contidos prácticos de simulación correspondentes ó curso de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” (12,5 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 2010, con arreglo ó curso modelo OMI 1.27, que se especifican a continuación: 1.- Elementos do ECDIS 2.- A garda de mar con ECDIS 3.- Monitorización e planificación da ruta ECDIS 4.- Brancos, cartas e sistemas ECDIS 5.- Responsabilidade e avaliación ECDIS Para a obtención do certificado de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” é necesaria a superación desta materia e da materia de Navegación II (631G01306), na cal se inclúen os contidos teóricos correspondentes (40 horas en total). Esta materia tamén inclúe os contidos prácticos de simulación correspondentes ó curso de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” (18 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 2010, cubrindo entre outros os seguintes: - Coñecemento dos fundamentos do radar e das axudas de punteo radar automáticas (APRA). - Capacidade para utilizar o radar e para interpretar e analizar a información obtida. - Utilización. - Capacidade para utilizar o APRA, interpretar e analizar a información obtida. - Determinación da situación. - Valoración dos erros do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais. - Planificación do practicaxe sen visibilidade. - Avaliación dos datos náuticos obtidos a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar o abordaxe e dirixir a navegación segura do buque. Todo elo conforme o programa establecido na ORDEN FOM/2296/2002, de 4 de setembro, cuxo contido se especifica no “Tema 1: Prácticas ARPA” da presente guía docente, e tendo en conta ademais as directrices establecidas nos cursos modelo OMI 1.07 e 1.08. Para a obtención do certificado de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” é necesaria a superación desta materia e da materia de Navegación II (631G01306), na cal se inclúen os contidos teóricos correspondentes (30 horas en total). |
|