Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Sen cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
• As sesións maxistrais adáptanse para a súa impartición por vía telemática.
• As prácticas de laboratorio pendentes de realización por mor da supensión da docencia presencial o 13 de marzo modifícanse ou substitúense por traballos que poidan ser realizados de forma non presencial, cos medios a disposición dos alumnos.
• Modifícase o procedemento de avaliación (descrito máis abaixo).
• Adóptanse procedementos de atención personalizada por vía telemática.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
* Microsoft Teams. Sesións planificadas dúas/tres veces á semana, en horarios coincidentes cos horarios oficiais, ou en sesións ad hoc de duración e horario acordados cos alumnos. Dispoñibilidade diaria para consultas ou titorías, uso esporádico.
* Whatsapp: Grupo de whatsapp con todos os alumnos, para coordinación de actividades e resolución de dúbidas puntuais, co consentimento do alumnado; tamén intercambio de información (fotos, algúns documentos). Uso frecuente, varios días á semana. Whatsapp persoal para atención personalizada ao alumno. Uso esporádico.
* Teléfono: Atención personalizada. Uso esporádico.
* Email: Uso puntual, principalmente para entrega de traballos ou referencias.
* Moodle: Uso puntual para difusión de documentación e novas.
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva. Peso 30%. Proba obxectiva que inclúe cuestións e exercicios adaptada para realizar de xeito non presencial (antes o seu peso era dun 50%).
Prácticas de Laboratorio. Peso 40%. Valoración das prácticas presenciais realizadas e das novas prácticas non presenciais propostas (mesmo peso na nota final).
Aprendizaxe colaborativa. Peso 30%. Avaliación continua, considerando a participación do alumnado, a súa actitude e a calidade dos traballos propostos entregados. (antes 20%).
A avaliación da segunda oportunidade farase da mesma forma que a primeira oportunidade.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios.
|