-Probas de resposta breve e exercicios. A avaliación da parte teórica das unidades temáticas da materia realizarase mediante un control de tipo test ao final do semestre. O desenvolvemento da materia docente levará a resolución de problemas prácticos que se avaliarán ao final de cada tema mediante un control. O valor global sobre o total da materia destas probas será do 50%.
-Saídas a campo. Organizaranse saídas a campo co obxecto de que o alumno poida pór en práctica parte dos coñecementos adquiridos na materia
-Prácticas de laboratorio. Os alumnos acudirán ao laboratorio onde porán en práctica os coñecementos adquiridos para: a) Realizar o deseño dunha campaña de campo
b) Realizar as análises necesarias para obter o valor dos diferentes parámetros físico químicos das mostras de auga recollida nas campañas de campo organizadas
Previo á posta en marcha do traballo no laboratorio, o alumno realizará unha preparación teórica básica para cada práctica proposta, que consistirá en ler o guión para coñecer o obxectivo da práctica, saber o que vai facer e por que, coñecer perfectamente o manexo seguro do equipo que vai utilizar e realizar os cálculos necesarios para o seu desenvolvemento experimental. Antes de iniciar a sesión práctica, o alumno será convocado para avaliar se está en disposición de comezar a práctica. Ao final do curso, os alumnos presentarán un traballo relacionado co traballo de campo e traballo de laboratorio cuxo valor global da materia será do 50%