1. Modificacións nos contidos
Non se modificarán substancialmente os contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Manterase as clases maxistrais mediante a utilización do TEAMS, tentando respetar no posible os horarios regulares da titulación. Manteranse a través do Moodle a avaliación continua mediante test de Verdadeiro/Falso. Manteranse os tests a través do Moodle dos temas NON troncais. Toda a documentación seguirá a porse a disposición do alumnado no Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A exposición pública do traballos realizados polo alumnado realizarase mediante a realización dun vídeo grupal dunha duración similar.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Realizaranse titorías individualizadas a través do TEAMS. Realizaranse titorías grupais para explicar/aclara a realización dos traballos e para orientar os concepto mínimos para o exame.
4. Modificacións na avaliación
Aumentarase na cualificación final o valor da avaliación continua ( test, traballos entregados e exposición dos traballos ). Diminuirase na cualificación final o valor do exame final. Substituirase o exame final presencial por un exame “non presencial”. O exame non presencial consistirá na resolución de 2-3 problemas. O exame será entregado polo profesor individualmente (datos diferentes para cada alumno) e devolto por cada alumn@ depois do dobre do tempo habitual a través do Moodle en pdf (o profesor poderá pedir explicacións en días posteriores e a través do TEAMS para aclarar o contido do exame). Rebaixarase os puntos totais necesarios para acadar o aprobado (para as notas de notable, sobresaínte mantense a puntuación necesaria)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica a bibliografía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías