Dacordo
cas recomendacións plantexadas por mor da situación de crise sanitaria
provocada pola Covid-19, o sistema de avaliación da materia basearase nun 100%
na avaliación continua. De maneira que os estudantes serán calificados en base
ós seguintes criterios de avaliación: 1) entrega de exercicios e prácticas realizados nos
talleres (50% da cualificación); b) exposición oral dalgunhas das
actividades realizadas (20% da cualificación); c) elaboración dun traballo final
sobre parte dos contidos teóricos da materia (30% da cualificación).
Sistema antiplaxio: A profesora reservase o dereito de
non evaluar traballos que presenten algún porcentaje de plaxio no seu contido (todos
os traballos entregados no marco da materia someteranse ó programa antiplaxio Turnitin).
Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os
mesmos para todas as oportunidades de avaliación, de modo
que os estudantes terán a posibilidade de aprobar e de acceder ó 100% da calificación na materia en todas as oportunidades de avaliación.
Calificación de non presentado: Corresponde ó alumno cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó
20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O estudante deberá comunicar
esta circunstancia ó profesor ó comezo do curso e, excepto para as datas
aprobadas en Xunta de Facultade para a proba obxetiva final, para as
restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatible
coa súa dedicación.
Sobre condiciones de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de
examen con calquer dispositivo que permita a comunicación con exterior e/o
almacenamento de información.
Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade dacordo ca normativa vigente.