Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Ciencias Empresariais |
Asignaturas |
Informática Aplicada á Empresa |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Informática Aplicada á Empresa | Código | 650G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A19 A20 A24 B1 B3 B4 C1 | Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. | 40 |
Prácticas a través de TIC | A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Durante o cuadrimestre, farase unha avaliación continua valorando cuantitativa e cualitativamente o traballo que o/a alumno/a faga cada día. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De o/a alumno/a non acadar coa avaliación continua a puntuación mínima esixida, poderase avaliar por escrito desta parte o mesmo día da proba mixta. |
15 |
Traballos tutelados | A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C2 C5 C6 C7 C8 | Avaliarase a calidade final do traballo, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. | 20 |
Solución de problemas | A1 A5 A16 A20 A24 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 | Avaliarase a calidade dos resultados propostos para a resolución de varios problemas, aplicando os contidos aprendidos durante as sesións maxistrais. | 25 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia é preciso aprobar as Prácticas a través de TIC, Traballo tutelao e Proba mixta (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. De non superar a avaliación continua das prácticas a través das TIC, o/a alumno/a será avaliado, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta, tanto na 1ª oportunidade como na 2ª oporutnidade. 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 2.1. Segunda oportunidade: De non superar o traballo na 1ª oportunidade, o alumnado poderá presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia en Moodle. De non superar a avaliación das prácticas a través das TIC na 1º oportunidade, o/a alumno/a será avaliado, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta. O/a alumno/a poderá presentar as Solución de problemas que non entregase na 1º oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia en Moodle. Só se gardarán para a 2º oportunidade as avaliacións aprobadas (isto é, acadar, polo menos, o 2.2. Convocatoria adiantada: O alumnado será avaliado en todos os casos das catro partes por escrito. Así, para aprobar, deberá superar a proba mixta e deberá superar os correspondentes exames escritos para avaliar os conceptos correspondentes ás prácticas a través das TIC e ao traballo tutelado, respectivamente. Tamén se fará un exame para avaliar os conceptos e exercicios relacionado coa solución de problemas. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Porén, ao non poder acceder á avaliación continua das prácticas a través das TIC, este alumnado será avaliado, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta, tanto na 1ª oportunidade como na 2ª oportunidade. 4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 5. Identificación do estudante: O estudante ten que acreditar a súa personalidade de acuerdo coa normativa vixente. |
|