Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos.
Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos).
Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes metodoloxías).
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non participasen na avaliación continua de actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.
A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas, adaptándose ao calendario oficial establecido pola facultade. En todo caso, poderáse acadar o 100% da cualificación.
Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete a probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. O alumno deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle requira, de acordo coa normativa vixente.