Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non sufren ningunha modificación sustancial. De todos modos, incidirase en todo momento na comprensión por parte do alumnado daqueles contidos centrais e máis importantes da asignatura, o cal será unha prioridade nas sesións de Teams e tamén a atención personalizada do alumnado.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías mantéñense, ainda que cambia na maior parte delas o formato de presentación das mesmas (que se indica a continuación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: sesión semanal a través de Teams para presentación e discusión de contidos.
A análise de fontes documentais e o desenvolvemento de traballos tutelados farase mediante traballo non presencial, acordando co alumnado, si é necesario, ter algunha sesión de titoría para estes traballos tutelados. O profesor responsable da materia recepcionará para a sua avaliación a través de mail estes traballos unha vez rematados.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ademais de estar a disposición do alumnado nas titorías que se soliciten vía Teams, manterase aberto o contacto via mail co alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as liñas xerais da avaliación, ainda que se establece algún pequeño cambio que se indica a continuación.
*Observacións de avaliación:
A proba de resposta múltiple desenvolverase vía online, a través de Teams, na data oficial dos exames que marca o Mestrado.
O resto de actividades obxecto de avaliación serán enviadas polo alumnado vía mail, previo acordo con eles das datas previstas de envío de traballos.
O resto de actividades obxecto de avaliación serán enviadas polo alumnado vía mail, previo acordo con eles das datas previstas de envío de traballos.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións
|