Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada |
Asignaturas |
Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Avaliación e intervención psicolóxica en dificultades de aprendizaxe | Código | 652438023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Traballos tutelados | Realizaranse varios traballos dirixidos enfocados á avaliación e intervención nas dificultades de aprendizaxe. |
Aprendizaxe colaborativa | O campo profesional e investigador da internvención e avaliación implica un recoñecemento á inter e multidisciplinariedade; é por este motivo que o traballo en equipo, o desenvolvemento de actitudes e habilidades para actuar neste ámbito obliga a plantexarse certas habilidades e actitudes de aprendizaxe permanente e creativa; no ámbito actual é necesario recurrir a aprendizaxe creativa, a aprender cos e dos demais polo que a aprendizaxe colaborativa ten que ser un ámbito continuo de entrenamento e estimulación; aprender dos demáis é a única vía posible para mellorar neste campo así como o de permitir un continuo aprendixaxe imprescindible cando se trata de axudar ou de poder prestarlle atención a outra persoa. |
Estudo de casos | Sobre os contidos dos temas analizanse casos co obxecto de proceder á sua análise e estudo, no que se solicitará comunicación funcional, rigor e empatía |
Análise de fontes documentais | Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Discusión dirixida | A discusión como dinámica de grupos permite elaborar, restruturar ou crear novos esquemas de coñecemento polo que o protagonismo das persoas debe ser máximo en canto ás anteriores estratexias |
Proba mixta | Serve para avaliar a comprensión e dominio dos contidos teórico-prácticos adquiridos ao longo do curso. Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test e preguntas abertas de resposta breve. |
|