O traballo de fin de mestrado realizarase de forma individual, baixo a dirección dun/a docente da titulación. Deberá reflectir que se adquiriron as competencias propias do resto das materias e poderá ter unha de dúas modalidades: proxecto de investigación ou traballo de investigación. O propósito do primeiro é achegar información útil e aplicable ao desenvolvemento dun proxecto de investigación novidoso, mentres que a do segundo é comunicar os resultados derivados do proceso de investigación orixinal levado a cabo polo/a estudante.
Tanto a estrutura, coma as directrices básicas para a súa elaboración, presentación, etc., están recollidas no Regulamento do Traballo de Fin de Máster (dispoñible en: http://www.educacion.udc.es/documentos/masteres/master-psicologia/documentos/Regulamento_Traballo_fin_mestrado.pdf).
Se ben non se trata dunha materia con docencia presencial, dende a coordinación do Mestrado poderán organizarse seminarios ou outras actividades de orientación colectiva do alumnado que estea a realizar o seu Traballo de fin de mestrado.
Na web da Titulación poden encontrarse orientacións precisas para a súa elaboración, así como patróns, o calendario correspondente aos distintos prazos, etc.: http://www.educacion.udc.es/mestrados/psicoloxia/index.php?pagina=tfm
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non son necesarias.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As establecidas por cada titor/a de TFM. En xeral: teléfono, correo electrónico, Foros da materia en Moodle, Teams, e outras ferramentas de vídeo conferencia (Skype, Zoom, ...).
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
De non poderse celebrar o acto público de defensa do TFM no edificio da Facultade, levarase a cabo mediante sesiones síncronas por Teams. Además, e aínda que a posibilidade de realizar o acto na Facultade non estea limitada, o formato telemático tamén poderá utilizarse en casos puntuais, a solicitude do alumnado interesado e previa aprobación pola Comisión Académica do título.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non son necesarias.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías