Traballos tutelados |
A9 A10 B1 C8 |
Realización de análises metodolóxicas de publicacións relevantes no campo da investigación da linguaxe, de acordo coa "Guía de análise" que ofrece a materia. (Actividade de equipo). |
18 |
Obradoiro |
A9 A10 B1 C8 |
Resolución das prácticas iniciadas en clase e rematadas de forma non-presencial. (Actividade de equipo).
Sumarase individualmente a asistencia, a condición de que estea por encima do 80 %. |
20 |
Sesión maxistral |
A10 A9 B1 C8 |
Avaliaranse cos traballos tutelados e na proba obxectiva final. |
0 |
Importante: Para aprobar será necesario obter, como mínimo, a metade da puntuación
total posible en cada unha das metodoloxías de avaliación. Opción A: As prácticas e os traballos tutelados, así como a exposición oral, realizaranse en equipo. Opción B: O alumnado a tempo completo que non alcance o 80 % de asistencia presencial (Teams) realizará as prácticas e os traballos tutelados de forma individual. A presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes. Opción C: O alumnado a tempo parcial con dispensa de asistencia concedida realizará de forma individual (ou nun equipo con outros/as estudantes na mesma situación) as prácticas e os traballos tutelados. De non existir equipo de estudantes con dispensa, a presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.
|