Integridade académica:
Os contidos incluidos nos
traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no
apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe
declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as
fontes orixe das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes no traballo é un
signo de credibilidade que é requisito imprescindible para demostrar excelencia
académica.
Recoméndase consultar:
www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm
Política antiplaxio:
As citas e
referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal
ou ideas de outros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón
o suspenso do traballo en aplicación do artígo 14.4 da normativa académica de
avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno
do 19 de decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o
plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través
de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de
suspenso na actividade".
Debe consultarse:
http://www.ugr.es/~plagio_hum/
http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico
Prazo de
Admisión de propostas para o traballo tutelado:
Non serán admitidas
propostas para o traballo de estudo de caso unha vez rematado o prazo de
admisión fixado na documentación complementaria que será entregará na clase.
Composición dos grupos e
traballo:
Nas tarefas en grupo, incluído o
traballo tutelado, a avaliación de cada membro variará en función da asistencia
a clase, as sesións obrigatorias de seguimento e en función da implicación no
proceso. Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de
avaliación ponde darse variacións na composición dos grupos e no número de
compoñentes se, a criterio da profesora, así se asegura a elaboración apropiada
do mesmo.
Asistencia:
Cunha asistencia inferior o 80%
das clases presenciais non contará a nota da aprendizaxe colaborativa.
É obrigatoria a
asistencia do alumnado ao 80% das sesións. Se non alcanza dito porcentaxe e non
realiza a proba de exame nin o estudo de caso a cualificación final do
estudante na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.
Se realiza o exame sen superar o
requisito de asistencia, a cualificación final del alumnado será de 50% para o
exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Nestos casos o alumnado ten que
falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.
Dispensa académica de
exención de asistencia:
Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de
asistencia serán avaliados a través de traballo e exame individual, igual que
aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das clases. A nota final será de
50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Será
necesario unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de
realización do traballo.
Linguaxe
non discriminatoria:
É
obrigatorio o uso dunha linguaxe correto, respectuoso e inclusivo, evitando
termos discriminatorios relativos a xénero, a etnia, a procedencia social, a
diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumplimento deste
requisito acarreará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.
Transversalidade
de xénero e interculturalidade:
Será valorada positivamente a consideración de
cuestións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade.