Non se admite a dispensa académica de exención de docencia.
Se o
estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciales
deberá ser evaluado por unha proba
individual.
Nos traballos de avaliación que se entreguen, os
contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados
ao longo
do traballo e no apartado de referencias usando certas
normas. O
texto literal debe declararse usando ditas normas. No
parafraseado deben figurar
as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia
de fontes
científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un
requisito
imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar:
http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html
Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse,
o uso literal do
texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a
fonte supón o
suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E
RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E
MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo
Consello de Goberno do
19 de decembro de 2013 e modificada o 29 de xaneiro de 2015, na
que se indica que "na realización de traballos,
o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído
aquel obtido a
través de internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de
cualificación de suspenso
na actividade".