Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria |
Subjects |
Analysis of Interdisciplinary Experiences |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Analysis of Interdisciplinary Experiences | Code | 652534005 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 1st four-month period |
First | Obligatory | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Oral presentation | B4 B6 | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. | 30 |
Collaborative learning | B2 B3 B12 | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. | 10 |
Document analysis | A1 A13 A17 B5 B11 B13 C3 | Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. | 20 |
Supervised projects | A2 A3 A9 C4 C5 C11 C12 C13 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. As características propias do traballo explicaranse no transcurso das clases. |
40 |
Assessment comments | |||
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media. A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado. Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10. Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. En caso de que a/o profesor detecte plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. |
|