3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Salvado, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Salvado, Jose Luis
Rouco Ferreiro, Javier Francisco
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
javier.rouco@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia de Educación, Sociedade e Política Educativa proponse en primeira instancia informar ao alumnado das innumerables influencias que o sistema educativo recibe dada a súa innegable transcendencia nos procesos de socialización. Ao mesmo tempo pretende establecer e clarificar, con carácter informativo, cales son os criterios socio-educativos que inciden de maneira real no desenvolvemento da súa futura función como profesores de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Trátase en definitiva de que o alumnado teña unha visión crítica, fundamentada e construtiva da nosa sociedade e dos diferentes aspectos político-sociais que inciden de maneira explícita ou implícita na Educación, e como consecuencia no seu traballo como docentes
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
–Sesión maxistral
– Traballos tutelados (con atención personalizada que poderán ter carácter individual -caso da recensión bibliográfica- e ou grupal) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
– Presentación Oral
*Metodoloxías docentes que se modifican
–Proba de ensaio(non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Análise de fontes documentais ( a avaliación deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Lecturas
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións en pequeno grupo e en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Traballos tutelados (60%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
–A profundidade do contido.
–O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición que terá un valor do 40% da nota que se sumará ao 60% do traballo tutelado
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías