Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Educación física e educación en valores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación física e educación en valores Código 652603323
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Gonçalves López, María Paz
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
Profesorado
Gonçalves López, María Paz
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
Web http://campusvirtual.es/moodle/
Descrición xeral Os beneficios da boa práctica deportiva ben dirixida e supervisada corretamente por un profesional das Ciencias do Deporte e da Educación Física son evidentes tras un certo tempo. Estes beneficios non deben producirse únicamente no plano físico. No ámbito da Educación Física o docente debe velar polo desenvolvemento integral do alumnado. O seu desenvolvemento no plano físico , debe ir acompañado de un desenvolvemento a nivel afectivo, social e psíquico. A educación en valores é o punto de partida para acadar melloras no plano socio-afectivo. Estes valores non só serán representativos durante as horas de Educación Física, senon que cobrarán un gran protagonismo nas tarefas e accións ás que se enfrente o alumnado na súa vida cotiá.O docente de Educación Física convértese no máximo responsabel da ensinanza de estes valores a través das clases de educación física. Ademáis, debe seguir os principios éticos e morais, educando na igualdade, para a paz, evitando expresións discriminatorias
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Probas de resposta breve. - Análisis de fontes documentais. - Aprendizaxe colaborativa. - Sesión maxistral. - Traballos tutelados. *Metodoloxías docentes que se modifican - Práctica de actividade física e saídas de campo (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: - Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes