Relación coas materias do mestrado Para a realización do TFM son imprescindíbeis as achegas de todas as materias do Mestrado, maiormente as propias da especialidade (Aprendizaxe, Inserción e orientación laboral, Practicum e Mercado laboral e FP). Un bo aproveitamento das materias facilita a elaboración do TFM. Lectura do documento marco do TFM No documento marco do TFM pode obterse información máis detallada sobre modalidades ou temáticas, funcións e asignación da dirección, procedemento de avaliación e calendario para a presentación e defensa. Este documento está dispoñible na web da Facultade e en moodle. COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Co obxectivo de facer un uso sustentábel dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio natural o TFM entregarase en formato dixital. |