Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A8 |
8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá |
A10 |
10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A13 |
13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
A15 |
CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
(CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A22 |
(CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes. |
A23 |
(CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A27 |
(CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
A30 |
CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.. |
A32 |
(CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia |
A34 |
(CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP) |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |