Contidos complementarios para o ensino das linguas galega e castelá
Código
652608811
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Web
Descrición xeral
Formación e reflexión sobre algúns aspectos complementarios, de carácter fundamental, que son importantes para o ensino da lingua galega e da lingua castelá.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen mudanzas
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, substituídas polo envío a cada estudante de materiais a través de medios telemáticos (e-mail, moodle) e/ou por explicación directa a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
–Obradoiro: as actividades de Obradoiro pasan a se realizar por medios telemáticos (e-mail, moodle, Teams).
–Traballo tutelado: mantense segundo a programación inicial (estrutura, extensión, data de entrega), mais as consultas co profesor realizaranse exclusivamente a través de medios telemáticos.
–Proba mixta: o exame presencial será substituído por unha proba asíncrona que será enviada por correo electrónico ao/á estudante no día anterior á data oficial do exame para realizar na súa casa. Data e hora de entrega telemática: no día oficial do exame, dúas horas despois da hora marcada para o seu inicio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, Moodle, Teams: cando for necesario contactarase persoal ou grupalmente cos estudantes para comunicación de instrucións, atendemento de cuestións e/ou exposición de contidos a través do envío de materiais diversos ou de explicación directa por medio de Teams.
4. Modificacións na avaliación
–Traballo tutelado (70%): Traballo dirixido sobre unha cuestión da materia, con tema e bibliografía previamente concertados entre o profesorado e estudante(s).
–Exame de coñecementos: Desenvolvemento de un tema de carácter teórico-práctico relacionado cos contidos da materia.
*Observacións de avaliación:
1. Os resultados da avaliación serán comunicados de modo telemático a través do Moodle e/ou e-mail.
2. A revisión das cualificacións será feita telematicamente a través dos medios de atención ao alumnado antecitados: correo electrónico, Teams.
3. De ser o caso, calquera avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade.
4. Calquera estudante que non aprobar a proba mixta deberá repetila (presencial ou telematicamente, conforme as circunstancias). Se non aprobar o traballo tutelado, deberá repetilo corrixindo as deficiencias e incorporando as melloras indicadas polo profesorado (a data de entrega do traballo tutelado será a mesma que a fixada oficialmente para o exame).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen mudanzas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías