Guest lecture / keynote speech |
Os docentes farán unha presentación breve, mais substanciosa, das cuestións nucleares da materia, esforzándose en todo momento por poñer de manifesto que as disquisicións teóricas non son simples logomaquias, senón que teñen gran relevancia para a planificación do traballo de aula. Que é a teoría de hoxe senón o que fica tras someter a práctica de onte a un proceso —descúlpese a metáfora— de filtrado e refinado? |
Workshop |
Espérase que o alumnado participe de xeito activo nos distintos obradoiros programados na aula, así como, se as houber, naquelas actividades que se leven a cabo fóra dela. A asistencia, imprescindíbel para optar á avaliación desta parte da materia, será controlada por el equipo docente.
Cabe a posibilidade de que, para facilitaren a avaliación do seu labor, os/as estudantes teñan que entregar un portafolio no que quede constancia das súas reflexións sobre os asuntos abordados nos obradoiros. |