Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música
Código
652610E5I
Titulación
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
2
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral
Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a investigación en Música e a formación do profesorado na innovación didáctica. Trátase de coñecer aqueles proxectos de innovación que achegan novas metodoloxías e recursos para o proceso de ensino e aprendizaxe da Música. Ademais, os instrumentos derivados da investigación didáctica serán o fío condutor para a realización dun autodiagnóstico por parte do futuro profesorado e dun proceso de análise e evolución dos seus coñecementos en Didáctica da Música. O obxectivo é mellorar o enfoque, a toma de decisións sobre temas relativos aos modelos de ensino-aprendizaxe, á selección e secuenciación de contidos e actividades, a través da análise dos materiais procedentes dos proxectos innovadores na área musical.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
Non é preciso modificar ninguna metodoloxía.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS.
4. Modificacións na avaliación.
Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual.
*Observacións de avaliación:
Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías