Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza (presencial ou virtualmente) orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades prácticas (informes psicoevolutivos/artigos de investigación) baseadas na identificación, análise e estudo algunhas das características psicoevolutivas do alumnado de infantil a través da observación participativa, de autoinformes e de estudos clínicos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Proba de ensaio |
MODALIDADE B DE AVALIACIÓN.
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento. Permite medir as habilidades de síntese, descrición, comparación, relación, explicación, exemplificación , polo que implica un dominio amplo e profundo dos contidos tanto teóricos como das actividades e prácticas desenvoltas na aula. |