Esta materia xunto coa "Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro).
O núcleo de competencias básicas trata da comprensión dos procesos educativos e da aprendizaxe e dos determinantes persoais e relacionais e contextuais da aprendizaxe escolar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se producirán cambios, xa que os contidos están íntegros na plataforma virtual Moodle
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Investigación (Proxecto de Investigación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Actividades de Avaliación inicial.
Faranse a través de reunións programadas vía teams nos módulos horarios de docencia expositiva con cada grupo interactivo
- Sesión maxistral.
Poderá facerse virtualmente (durante os módulos horarios de docencia expositiva) para algúns apartados do temario que revistan maior dificultade ou sexan obxecto de actividades nos traballos tutelados; no resto, resolveranse dúbidas conceptuais, individuais ou grupais, vía teams, durante os horarios de docencia expositiva.
- Traballos tutelados.
As actividades colaborativas serán guiadas/orientadas virtualmente a través de reunións con portavoces grupais ou chats a través de teams nos módulos horarios interactivos ou indicacións/aclaracións realizadas a través da plataforma moodle
- Proba de ensaio
Na Modalidade A de avaliación elimínase.
Na Modalidade B de avaliación mantense.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada realizarase durante os módulos horarios da materia interactivos e horario de titorías (para a Modalidade A) e en horario de titorías (para a Modalidades B de avaliación)
4. Modificacións na avaliación
Na Modalidade A de avaliación: a/ os traballos tutelados terán o 80% de peso na avaliación; b/ A investigación constituirá o 20% do peso na avaliación; c/ elimínase a proba de ensaio.
Na Modalidade B de avaliación, a proba de ensaio será asíncrona de longa duración con material. con preguntas referidas tanto aos contidos teóricos como prácticos. No día e hora da mesma convocarase ao alumnado únaa reunión en teams para a entrega da proba; unha vez reali
zada entregarase vía moodle. En canto ao peso da mesma non modifícase (constitúe o 100% da avaliación).
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se farán modificacións na bibliografía-
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías