Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:
Opción A. Avaliación Continua. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase. Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais).
Opción B). O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia ou que non asista ao 85% das horas presenciais, será avaliado a través dunha proba final escrita teórico-práctica (50) e un Proxecto de
investigación sobre a matemática en Educación Infantil (25%) e a súa correspondente presentación oral (12.5%) con
axuda das tics (12.5%). A nota final será a media das calificacións obtidas, solicitándose en cada unha delas unha
nota igual ou superior a 5 sobre 10 para poder aprobar a materia.
Nos traballos de avaliación que se entreguen, os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararseusando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade, que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar:
http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html
Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse. O uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 daNORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 dedecembro de 2013 e modificada o 29 de xaneiro de 2015, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".