A asignatura pretende que se valore a importancia das Ciencias da Natureza nesta etapa educativa e que se recoñezan as implicacións actuais da ciencia e a tecnoloxía para comprender e respetar o noso contorno.
Asemade, abordarase o desenvolvemento curricular e trataranse os procesos de ensino e aprendizaxe do coñecemento científico, así coma os recursos, experiencias, resolución de problemas, etc. axeitados á metodoloxía científica.
Tamén se analizarán e deseñarán propostas educativas que inclúan as interaccións Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade e Desenvolvemento Sustentable.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
-As sesións expositivas continuarán sendo asíncronas.
-A elaboración dos traballo tutelados (computa na avaliación).
-Proba mixta (computa na avaliación).
-Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican: As sesións interactivas e prácticas de laboratorio organizadas en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente pasarán a desenvolverse de forma virtual e de maneira individual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Correo electrónico o quickmail: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
-Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
-Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en gran grupo ou grupos reducidos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, para o avance dos contidos teóricos da materia, o seguimento e apoio na realización das tarefas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia
4. Modificacións na avaliación:
Todo o alumnado (asistente e non asistente) manteñen a avaliación da guía docente nas dúas oportunidades, con estas salvedades: • De non ser posible a realización dos traballos tutelados en grupo, o alumnado poderá realizalos individualmente. • A proba individual global da avaliación será realizada na modalidade virtual. *Observacións de avaliación: Mantense as mesmas que figuran na guía docente, excepto no referente á asistencia que só se terán en conta aquelas sesións que houbo presencialmente ata o momento que se suspenda a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías